Noticias CPPB

XORNADA TÉCNICA "EMPRESA, TALENTO E CREATIVIDADE. PRÁCTICAS PARA DIFERENCIARSE NA ERA DIXITAL"




16/04/2018 10:30:00

XORNADA TÉCNICA "EMPRESA, TALENTO E CREATIVIDADE. PRÁCTICAS PARA DIFERENCIARSE NA ERA DIXITAL"

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organiza, en colaboración con NOBOX e a Xunta de Galicia, a xornada técnica "Empresa, talento e creatividade. Prácticas para diferenciarse na era dixital", que se celebrará o mércores 18 de abril, a partir das 10 horas, no Auditorio Abanca (rúa do Preguntoiro 23), en Santiago de Compostela.

No marco do Programa Capacita Directivos, a xornada afondará nas vantaxes de fomentar a creatividade e a innovación nas empresas, incluirá relatorios de expertos e unha mesa redonda coa participación de directivos de empresas como Grupo GEA, Infinity Group ou VMS Automotive.

Programa

Inscricións
O código de invitación do IGAPE para inscribirse é I18851Q2