Noticias CPPB

XORNADA SECTORIAL REACCIONA




24/01/2018 10:47:00
CARA A OPTIMIZACIÓN DE RECURSOS NO SECTOR INDUSTRIAL E METALÚRXICO

O próximo luns, 29 de xaneiro, as instalacións de Asime en Vigo (Rúa do Doutor Corbal, 51), acollerán a xornada sectorial do programa Re-acciona "Cara a optimización de recursos no sector industrial e metalúrxico", organizada polo Igape coa finalidade de achegar ás empresas as claves para obter unha maior rendibilidade económica a través da redución de custos.

Dirixida a persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de calquera sector, a xornada técnica organizada coa colaboración de Asime incluirá, a partir das 10:00 horas, relatorios sobre o programa Re-acciona e os servizos para a mellora da competitividade das Pemes en Galicia. Ao remate haberá rolda de preguntas e Networking.

Máis información

Confirmación de asistencia: comunicacion.reacciona@igape.es