Noticias CPPB

AVISO DE COOKIES

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.


XORNADA TECNICA ICO-IGAPE




14/07/2017 10:41:00
Novos instrumentos de financiamento para autónomos e pequenas empresas

Achegar aos autónomos, emprendedores e pequenas empresas os novos instrumentos de financiamento que se están a poñer en marcha ao abeiro dos acordos de colaboración entre o Instituto de Crédito Oficial (ICO), o Igape, as SGRs e as entidades financeiras galegas, é o obxectivo da xornada técnica que se vai desenvolver no Salón de Actos da Biblioteca da Cidade da Cultura o próximo 20 de xullo, a partir das 11:15 horas.

A xornada técnica incluirá o relatorio dun experto de ICO sobre as liñas de financiamento desta entidade pública para empresas e emprendedores, e unha mesa redonda sobre os instrumentos de financiamento para autónomos e pequenas empresas na que intervirán representantes das sociedades de garantía recíproca (SGR) galegas, Afigal e Sogarpo, así como un autónomo e o titular dunha pequena empresa que investiron contando con financiamento do ICO e do Igape, e que achegarán as súas experiencias ao respecto.

Na clausura participará o presidente do Instituto de Crédito Oficial, Pablo Zalba.