Noticias CPPB

SEMANA VERDE DE GALICIA




07/06/2017 18:24:00
Celebrase esta semana en Silleda do 8 ao 11 de Xuño

A Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará aos visitantes da Semana Verde de Galicia e do Salón da Alimentación do Atlántico (Salimat), a través do stand do Igape nas instalacións de Silleda, información directa sobre os servicios e liñas de axuda activados para apoiar a actividade empresarial, mediante programas como Re-acciona, Galicia Emprende ou Galicia Inviste, entre outros.

A feira multisectorial Semana Verde de Galicia celebra este ano o seu 40º aniversario nas instalacións de Silleda, do 8 ao 11 de xuño, incorporando un amplo programa de actividades expositivas e de lecer, así como encontros de negocios de especial interese para todas as empresas vinculadas ao sector alimentario e industrias relacionadas.

A Feira Internacional de Galicia acolle tamén unha nova edición do Salón Internacional do Atlántico (SALIMAT), que celebrará unha vez máis os encontros internacionais de compradores, con importadores procedentes de mercados interesados na calidade dos produtos alimentarios galegos como Alemaña, Bélxica, Estados Unidos, Francia, Holanda, Rusia ou Xapón.

http://www.semanaverde.es/index.php/es/