Noticias CPPB

XORNADA REACCIONA NA CIDADE DA CULTURA DE SANTIAGO




01/06/2017 11:38:00
Empresa en movemento. Capacitación para a competitividade empresarial

XORNADA REACCIONA: EMPRESA EN MOVEMENTO. CAPACITACIÓN PARA A ACOMPETITIVIDADE EMPRESARIAL

O próximo 6 de xuño desenvolveranse na Cidade da Cultura (no auditorio 1 do Edificio Cinc), Monte Gaiás, en Santiago de Compostela, a xornada do programa Re-acciona "Empresa en movemento. Capacitación para a competitividade empresarial", organizada polo Igape para achegar ás empresas as claves, tendencias, experiencias e axudas públicas para apoiar ás empresas en movemento, aquelas que son capaces  de atender ao mercado adaptándose aos cambios.

A xornada técnica incluirá, a partir das 10 horas, relatorios sobre o impacto da tecnoloxía e a innovación na competitividade empresarial, e sobre as claves e experiencias para que as empresas poidan ser competitivas.

Haberá igualmente relatorios sobre os apoios públicos para apoiar a empresas en movemento e presentación de casos de éxito a cargo de directivos das empresas Abastecimientos Comerciales Chousa Lameiro e Nor Rubber.

Programa
inscricións: comunicacion.reacciona@igape.es
Teléfono 986 419 922 (ext. 2004)