Noticias CPPB

AVISO DE COOKIES

Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.


SUBVENCIONES PARA PYMES DE NOVA CREACIÓN




25/05/2017 11:19:00
A Xunta impulsa o emprego autónomo cunha liña de axudas de dous millóns de euros para as pequenas empresas de nova creación

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou hoxe en Santiago a sede da axencia de viaxes online Galiwonders, onde avanzou que o DOG publica mañá estes apoios dirixidos a firmas promovidas como máximo por cinco persoas.

A iniciativa inclúe axudas á xeración de emprego estable de ata 8.000 euros, á formación, ao inicio da actividade con contías máximas de ata 6.000 euros, e para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar

O período que se financia abarca o inicio de actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xullo de 2017 tendo especial atención as iniciativas que se implanten no rural, que xeren emprego a mulleres, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión e a aquelas pertencentes a unidades familiares con todos os seus membros en paro

A actuación enmárcase na Estratexia Autónomo 2020 a través da que a Xunta destina 40 millóns ao ano para que Galicia sexa o mellor espazo para emprender