PREMIOS E AXUDAS
08/03/2017 10:32:00
PROXECTOS PILOTO INDUSTRIA 4.0 EN GALICIA
PREMIOS E AXUDAS A PROXECTOS PILOTO INDUSTRIA 4.0 EN GALICIA
O premio concederase a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de Pemes e haberá axudas á devandita implantación para cada Peme participante en cada un dos proxecto agrupados baixo a coordinación de organismos intermedios.
A implantación consistirá na incorporación ás empresas galegas de tecnoloxías relacionadas coas tres seguintes catergorias:
• Industria 4.0 sectorial
• Fábrica Virtual
• Tic Industrial
As empresas que desexen impulsar un proxecto de investimento 4.0 e necesiten contactar cun organismo intermedio para presentalo á convocatoria aberta, poden facelo seguindo as instrucións publicadas na web do Igape.
Se queres máis información podes asistir a unha xornada informativa que terá lugar o próximo xoves 9 de marzo ás 10.00 h na sede de Mupega, en San Lázaro 107 (Santiago)
Confirmación de asistencia á xornada informativa: mat@igape.es
Máis información: 981 54 11 54